Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de procedencia de reintegro da axuda pola contratación indefinida inicial das persoas traballadoras, regulada na Orde do 21 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño), relativa ao expediente TR349A 2014/147-2.

Intentada a notificación da resolución dictada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución que figura no anexo para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Advírteselles aos interesados, que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 30 de agosto de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2014/147-2.

Nome: Gandarón Construcción Rehabilitación, S.L.

DNI/NIF: B27409028.

Último enderezo coñecido: rúa Marquesa de Casa López, 9, entlo. B, 27600 Sarria (Lugo).

Axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial (programa CONII).

Orde reguladora: Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2014).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1, do anexo I da orde de convocatoria.

Contido: acordo de procedencia de reintegro da axuda.

Data da resolución: 28 de xullo de 2016.