Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 39751

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de setembro de 2016 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para varios rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 294 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 18 de maio de 2016 (BOE do 30 de maio) e resolto pola Resolución do 29 de xullo de 2016, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Vicente Matoses Astruells, rexistrador de Chelva para o Rexistro de Santiago de Compostela número 2.

• Cayetano Prada González, rexistrador de Caldas de Reis para o Rexistro de Ourense número 1.