Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 39752

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de setembro de 2016 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para varias notarías vacantes.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 23 de maio de 2016 e resolto pola Resolución do 29 de xullo de 2016, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Alma María Carbajal de la Iglesia, procedente de oposición, para a notaría de Ponteareas.

– Diego Rosales Rodríguez, procedente de oposición, para a notaría de Monforte de Lemos.

– María del Alba Sánchez-Andrade Fernández Abello, procedente de oposición, para a notaría de Quiroga.

– Santiago Rueda Rodríguez-Vila, procedente de oposición, para a notaría de Vilanova de Arousa.

– Cristina López Rodríguez, procedente de oposición, para a notaría de Guitiriz.

– Lucía Cagigas Courel, procedente de oposición, para a notaría de Meira.