Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39650

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de setembro de 2016 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño).

Unha vez presentada a renuncia do vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Freddy Viso López como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Antonio Losada González, persoal funcionario do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda