Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39221

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación de terreos incluídos no polígono 1 do sector SUD-3 de Curtis.

Por Resolución desta alcaldía nº 273, do 3 de agosto de 2016, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de terreos incluídos no polígono 1 do sector SUD-3 de Curtis, concretamente dos seguintes:

Ref. catastral

Propietario

Superficie afectada (m2)

0151602NH7705S0001IB

Antonio Raposo Sánchez

1.780

15032A026003840000DQ

Herdeiros de Manuel Sánchez Seijas

3.296

15032A026003850000DP

Herdeiros de Francisca Ares Regueira

1.274

15032A026006910000DE

Descoñecido

2.075

15032A026006970000DA

Mª de las Mercedes Rocha Vázquez

22,12

15032A026007030000DP

Julio Sánchez Sánchez

235

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Secretaría do Concello de Curtis, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas. Este anuncio publicarase no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincial polo que o prazo sinalado empezará a contar a partir do día seguinte en que teña lugar a última destas publicacións.

Curtis, 4 de agosto de 2016

Antonio Ángel Fraga Sánchez
Alcalde accidental