Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-05-2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-05-2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de axuda no fogar no Concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación. Valor estimado:

Prezo de licitación: prezo custo/hora: de luns a sábados 15,00 euros por hora de servizo, sen IVE; domingos e festivos: 17,00 euros por hora de servizo, sen IVE.

Valor estimado do contrato: 3.379.579,00 €.

5. Duración:

Catro (4) anos desde a sinatura do contrato, que se poderá prorrogar, por unha soa vez, por dous anos máis, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder seis anos.

6. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

7. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidad e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

8. Clasificación do contratista: non se exixe.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 4.10.2016, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 13ª do prego de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

10. Solvencia económico-financeira e técnica:

10.1. Solvencia económico-financeira: mínimo: volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume de negocios dos tres últimos concluídos, no ámbito a que se refira o contrato, por importe igual ou superior 766.365,38 euros [ou unha vez e media o valor anual medio do contrato, sinalado na epígrafe 2.4 do cadro de características do contrato (sen ter en conta o IVE)].

10.2. Solvencia técnica: mínimo: relación dos principais servizos ou traballos cuxo CPV teña como primeiros dous díxitos o 85, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, data e o destinatario, público ou privados destes, nun importe anual acumulado no ano de maior execución igual ou superior a 357.637,18 € [o 70 % do valor anual medio do contrato (sen ter en conta o IVE)].

11. Criterios de adxudicación do contrato:

11.1. Proxecto de prestación do servizo de axuda no fogar e xestión do persoal e formación do mesmo: ata 20 puntos, cláusula 18.1.1 do prego.

11.2. Oferta económica: ata 30 puntos, cláusula 18.1.2 do prego.

11.3. Melloras ofertadas: ata 37 puntos, cláusula 18.1.3 do prego.

12. Apertura das ofertas:

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

13. Outras informacións: obterase no lugar e polos medios indicados no punto 7 do presente anuncio.

14. Gastos do adxudicatario:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

15. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 25.8.2016.

Bergondo, 26 de agosto de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa