Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2016 Páx. 39222

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do contrato de servizos para a posta en marcha do III Plan de igualdade entre mulleres e homes.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, nº 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: o servizo para a posta en marcha do III Plan municipal de igualdade entre mulleres e homes do Concello de Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios de dous tipos.

4. Valor estimado: 76.910,40 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra. Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 29, fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

Cuantificable por xuízo de valor: enfoque metodolóxico, plan de acción, plan de comunicación, sistemas de avaliación, seguimento e control.

Avaliables automaticamente: experiencia e formación profesional do persoal adscrito e prezo.

Pontevedra, 10 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda