Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 39015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2016 pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada (Pontevedra), aprobado mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise pública a aprobación definitiva mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2016 do Proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada.

Así mesmo, en virtude do artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de marzo, de ordenación do territorio de Galicia (modificado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia) fanse públicas as disposicións normativas do Proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada para a súa entrada en vigor:

Normativa urbanística

I. Disposicións xerais

Artigo 1. Ámbito de aplicación

As presentes ordenanzas serán de aplicación no ámbito definido polo Proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada para todas as obras, instalacións e actividades que se realicen nel.

Artigo 2. Marco legal de referencia

O proxecto sectorial ordénase e regúlase ao abeiro da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e a súa modificación na Lei 15/2004 e do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Artigo 3. Vixencia

A vixencia do presente documento será indefinida, desde a data seguinte ao da publicación da súa aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia ata que se aprobe definitivamente outro documento urbanístico de igual ou maior rango que o substitúa ou modifique.

Artigo 4. Instrumentos de desenvolvemento do proxecto

Establécese a posibilidade de redactar estudos de detalle e proxectos de parcelación para os casos en que se expoñan proxectos ou promocións unitarias para ámbitos parciais.

Artigo 5. Proxectos de urbanización e parcelación

Ademais do proxecto de urbanización correspondente ao propio proxecto sectorial, definirase un proxecto de urbanización independente para a parcela de servizos centrais segundo ordenanza propia de zona.

A redacción conxunta do proxecto de urbanización xeral co documento de regulación urbanística suple o establecemento das condicións técnicas que debe cumprir o devandito proxecto.

O proxecto sectorial inclúe unha parcelación indicativa que poderá modificarse no transcurso da urbanización. Cando se recepcionen as obras de urbanización, elaborarase o documento de parcelación definitiva. En todo caso, poderanse realizar parcelaciones posteriores segundo a normativa urbanística propia de cada zona.

Artigo 6. Réxime urbanístico do solo

Clasificación: o ámbito do PS inscríbese no solo urbanizable delimitado por proxecto sectorial do municipio da Estrada, cunha cualificación global de uso industrial.

Cualificación pormenorizada: establécense as seguintes zonas e sistemas:

– Sistemas xerais

Sistema xeral viario (N-640)

– Parcelas industriais

I-PT Industrial-primeira transformación

I-PMP Industrial-provedores de materias primas

I-EA Industrial-empresas auxiliares

I-EM Industrial-empresas micro

I-EP Industrial-empresas pequenas

I-EMG Industrial-empresas medianas-grandes

I-L Industrial-loxístico

I-EE Industrial-empresas especializadas

I-ECV Industrial-empresas comercialización e venda

– Servizos comúns

SC-SCE Servizos centrais e exposición

SC-CIE Centro de incubadora de empresas

– Servizos comúns de cesión de equipamentos

EQ1-PLI Equipamento 1. Punto limpo

EQ2-C Equipamento 2. Comercial

EQ3-S Equipamento 3. Servizos

– Sistemas locais

Sistema local de zona verde

Sistema local de rede viaria

Artigo 7. Sistema de actuación

O sistema de actuación será o de expropiación segundo o punto 5 do artigo 108 da Lei 15/2004: «No caso de proxectos sectoriais promovidos pola Administración autonómica coa finalidade de crear solo urbanizado con destino a infraestruturas, dotacións ou instalacións, poderán ser executados mediante o sistema de expropiación establecido polos artigos 140 a 149 da presente lei».

II. Normas xerais

O Plan de ordenación municipal da Estrada será o contexto amplo de regulación para os aspectos non explícitos nas presentes normas.

Artigo 8. Usos admisibles/Cidade do Moble

O carácter especializado e temático da Cidade do Moble da Estrada preservarase, en canto aos usos admisibles, respectando a relación pormenorizada de usos e actividades permitidas nas respectivas zonas e sistemas.

A zonificación pormenorizada será a sinalada no plano de ordenación PO-1. Terá un carácter orientativo e poderá modificarse xustificadamente achegando plano que substitúa o plano de zonificación pormenorizada PO-1, sen que por iso sexa necesario modificar o proxecto sectorial. Os usos compatibles serán os previstos nas zonas previstas dentro do ámbito do proxecto sectorial.

Artigo 9. Regulamentación sectorial

Para a súa autorización, todas as actividades construtivas ou funcionais estarán sometidas ao cumprimento das distintas normativas sectoriais vixentes que lles sexan de aplicación. De forma concreta xustificarase a adecuación aos seguintes aspectos:

• Prevención contra incendios.

• Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

• Seguridade e saúde no traballo.

• Accesibilidade.

Artigo 10. Plan de vixilancia e seguimento ambiental

No transcurso das obras de urbanización e nas de acondicionamento e desenvolvemento das actividades produtivas, respectarase o Plan de vixilancia e seguimento ambiental para garantir o cumprimento das medidas preventivas e correctoras incluídas no estudo de afeccións ambientais do presente proxecto sectorial.

III. Ordenanzas de uso e edificación por zonas

1. Ordenanza 1. Zona industrial-primeira transformación (OR.1.I-PT)

Artigo 11. Definición de zona industrial-primeira transformación (I-PT)

Zona reservada á localización de empresa dedicada á primeira transformación da madeira, como serradoiros e secadeiros de madeira.

A unidireccionalidade dos procesos define a forma da parcela extremadamente alongada.

Localízase na zona sur do polígono, nun punto extremo.

Zona industrial-primeira transformación I-PT

Zona

Parcelas

Superficie

Sur

7.5

9.281,97 m2

Artigo 12. Condicións de uso (I-PT)

Usos principais (I-PT):

• Almacenamento de madeira, secado de madeira e serradura de madeira.

• Transformación de produtos serrados.

Usos compatibles (I-PT):

• Oficina de explotación da empresa.

• Actividades de control de calidade.

• Valorización de residuos.

• Os usos compatibles nunca superarán o 40 % da actividade principal.

Artigo 13. Tipo de ocupación (I-PT)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

Artigo 14. Condicións de parcela (I-PT)

Permitirase a división da parcela actual 7.5 en dúas para separar usos principais. A superficie mínima de parcela será de 4.000 m2 e manterá as testas actuais de parcela. A modificación de parcelas xustificarase debidamente mediante estudo de parcelación e achegarase un plano que substitúa o PO-3 de definición xeométrica de parcelas resultantes.

Os custos de adecuación de urbanización e infraestruturas causados pola segregación correrán a cargo do titular da nova parcela.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 15. Ocupación de parcela pola edificación (I-PT)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 60 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

Os amoreamentos tanto de materias primas como de produtos terminados realizaranse con orde, esmerando a imaxe do conxunto das instalacións, respectarán as servidumes de estrema dos edificios e na súa distribución en planta cumprirán de maneira especial as disposicións vixentes de seguridade e prevención de incendios.

Artigo 16. Sotos e semisotos (I-PT)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisotos vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 17. Características da edificación (I-PT)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta).

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 18. Edificabilidade máxima (I-PT)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 19. Aparcadoiros (I-PT)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

Prohibiranse acumulacións de material no exterior da parcela ou o estacionamento prolongado de remolques ou camións.

2. Ordenanza 2. Zona industrial-provedores materias primas (OR.2.I-PMP)

Artigo 20. Definición de zona industrial-provedores de materias primas (I-PMP)

Zona reservada xunto ao serradoiro e secadeiro destinada á localización de empresas destinadas á loxística de aprovisionamento de materias primas e compoñentes para a fabricación do moble.

Zona industrial-provedores materias primas I-PMP

Zona

Parcelas

Superficie

Sur

7.1

4.498,81 m2

Sur

7.2

4.685,55 m2

Sur

7.3

4.685,55 m2

Sur

7.4

4.490,25 m2

Artigo 21. Condicións de uso (I-PMP)

Usos principais (I-PMP):

• Almacenamento e comercialización de materias primas, compoñentes e accesorios para a industria do moble.

Usos compatibles (I-PMP):

• Oficinas da empresa e laboratorios de control de calidade.

• Ferraxaría, venda de maquinaria, reparación e repostos.

• Locais de exposición e venda de produto da actividade principal.

• Os usos compatibles nunca superarán o 40 % da actividade principal.

Artigo 22. Tipo de ocupación (I-PMP)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

Artigo 23. Condicións de parcela (I-PMP)

Permitiranse agrupacións e parcelacións sempre que a parcela mínima sexa de 3.000 m2, con testa mínima de 20 m ao sistema viario. A modificación de parcelas xustificarase debidamente mediante estudo de parcelación do cuarteirón completo e plano que substitúa o PO-3 de definición xeométrica de parcelas resultantes.

Os custos de adecuación de urbanización e infraestruturas causados pola segregación ou agrupación correrán a cargo do titular da nova parcela.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 24. Ocupación de parcela pola edificación (I-PMP)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante:

Parcelas 7.1, 7.2, 7.3: 60 %.

Parcela 7.4: 55 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

Artigo 25. Sotos e semisotos (I-PMP)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 26. Características da edificación (I-PMP)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta).

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda de arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 27. Edificabilidade máxima (I-PMP)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 28. Aparcadoiros (I-PMP)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

3. Ordenanza 3. Zona industrial-empresas auxiliares (OR.3.I-EA)

Artigo 29. Definición de zona industrial-empresas auxiliares (I-EA)

Zona reservada ao leste do polígono, xunto ao parque fluvial, na cal se situarían empresas auxiliares do sector do moble (marmoristas, cristaleiros, saneamentos…), como provedores ás fábricas de mobles de compoñentes (espellos, mármores…).

Zona industrial-empresas auxiliares I-EA

Zona

Parcelas

Superficie

Sur

8.6

4.482,49 m2

Sur

8.7

4.450,82 m2

Sur

8.8

3.313,03 m2

Sur

8.9

3.004,40 m2

Artigo 30. Condicións de uso (I-EA)

Usos principais (I-EA):

• Provisión e almacenamento de materias primas.

• Transformación de materias primas.

• Fabricación de compoñentes do moble.

Usos compatibles (I-EA):

• Oficina de explotación da empresa e actividades de control de calidade.

• Locais de exposición e venda de produto da actividade principal.

• Os usos compatibles nunca superarán o 40 % da actividade principal.

Artigo 31. Tipo de ocupación (I-EA)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

Artigo 32. Condicións de parcela (I-EA)

Permitiranse agrupacións e parcelacións sempre que a parcela mínima sexa de 1.500 m2, con testa mínima de 15 m ao sistema viario. A modificación de parcelas xustificarase debidamente mediante estudo de parcelación do cuarteirón completo e plano que substitúa o PO-3 de definición xeométrica de parcelas resultantes.

Os custos de adecuación de urbanización e infraestruturas causados pola segregación ou agrupación correrán a cargo do titular da nova parcela.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 33. Ocupación de parcela pola edificación (I-EA)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 60 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

Artigo 34. Sotos e semisotos (I-EA)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 35. Características da edificación (I-EA)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta).

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 36. Edificabilidade máxima (I-EA)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 37. Aparcadoiros (I-EA)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

Artigo 38. Servidumes (I-EA)

Nas parcelas próximas ao río Liñares establécese unha servidume de acueducto para evacuación de augas pluviais cun largo de 3 metros nos laterais da parcela, de maneira que poidan construírse gabias de infiltración entre parcelas para canalización de augas pluviais e posterior vertedura ao río Liñares.

4. Ordenanza 4. Zona industrial-empresas micro (OR.4.I-EM)

Artigo 39. Definición de zona industrial-empresas micro (I-EM)

Zonas reservadas tanto no norte como no sur para a localización de fábricas de moble e mobiliario denominadas micro, con número pequeno de operarios.

Zona industrial-empresas micro I-EM

Zona

Parcelas

Superficie

Norte

2.2

7.280,58 m2

Sur

5.8

3.997,84 m2

Artigo 40. Condicións de uso (I-EM)

Usos principais (I-EM):

• Fabricación do moble ou dos seus compoñentes.

• Deseño e prototipos.

• Venda, reparación de maquinaria do sector da fabricación do moble. Repostos.

• Tratamentos especiais.

• Ferraxaría e pequena subministración.

• Control de calidade.

Usos compatibles (I-EM):

• Oficina de explotación da empresa.

• Locais de exposición e venda de produto da actividade principal.

• Os usos compatibles nunca superarán o 40 % da actividade principal.

Artigo 41. Tipo de ocupación (I-EM)

Edificación encostada-emparellada.

Artigo 42. Condicións de parcela (I-EM)

Parcela mínima: 400 m2 cunha testa mínima de 10 m.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 43. Ocupación de parcela pola edificación (I-EM)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 70 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario recuamento fixo de: 8 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

Os recuamentos da edificación no caso de naves encostadas cumpren un dobre papel, porque se superpoñen conforme os planos de ordenanza gráfica, unha servidume para evacuación en caso de incendio e acceso secundario de bombeiros. Débense respectar as zonas de uso común das parcelas libres de provisións ou instalacións que dificulten esta función.

Artigo 44. Sotos e semisotos (I-EM)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 45. Características da edificación (I-EM)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta).

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 46. Edificabilidade máxima (I-EM)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 47. Aparcadoiros (I-EM)

Disporán prazas de estacionamento, conforme se detalla nos planos de ordenación, de forma concertada co acceso principal ás naves industriais, cun mínimo de 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

5. Ordenanza 5. Zona industrial-empresas pequenas (OR.5.I-EP)

Artigo 48. Definición de zona industrial-empresas pequenas (I-EP)

Zonas reservadas na área norte do polígono, dadas as súas dimensións de escala media, para a localización de fábricas de moble e mobiliario denominadas pequenas por necesidades definidas de produción.

Zona industrial-empresas pequenas I-EP

Zona

Parcelas

Superficie

Norte

3.1

1.568,09 m2

Norte

3.2

944,81 m2

Sur

6.8

2.692,14 m2

Sur

6.9

2.801,13 m2

Artigo 49. Condicións de uso (I-EP)

Usos principais (I-EP):

• Fabricación do moble ou dos seus compoñentes.

• Usos industriais existentes, que se consolidan.

• Deseño e prototipos.

• Venda, reparación de maquinaria do sector da fabricación do moble. Repostos.

• Tratamentos especiais.

• Ferraxaría e pequena subministración.

• Control de calidade.

Usos compatibles (I-EP):

• Oficina de explotación da empresa.

• Locais de exposición e venda de produto da actividade principal.

• Vivenda anexa vinculada á empresa.

• Os usos compatibles nunca superarán o 40 % da actividade principal.

Artigo 50. Tipo de ocupación (I-EP)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

Artigo 51. Condicións de parcela (I-EP)

Permitiranse agrupacións e parcelacións sempre que a parcela mínima sexa de 1.500 m2, con testa mínima de 15 m ao sistema viario. A modificación de parcelas xustificarase debidamente mediante estudo de parcelación do cuarteirón completo e plano que substitúa o PO-3 de definición xeométrica de parcelas resultantes.

Os custos de adecuación de urbanización e infraestruturas causados pola segregación ou agrupación correrán a cargo do titular da nova parcela.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 52. Ocupación de parcela pola edificación (I-EP)

Parcelas 3.1, 3.2. Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 40 %.

Parcelas 6.8, 6.9. Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 50 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

• No caso de edificacións existentes, en canto non se substitúan, os recuamentos axustaranse á devandita edificación.

Artigo 53. Sotos e semisotos (I-EP)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 54. Características da edificación (I-EP)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta).

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 55. Edificabilidade máxima (I-EP)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 56. Aparcadoiros (I-EP)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

6. Ordenanza 6. Zona industrial-empresas medianas-grandes (OR.6.I-EMG)

Artigo 57. Definición de zona industrial-empresas medianas-grandes (I-EMG)

Zonas reservadas na área norte e, en maior medida, no sur do polígono, dadas as súas dimensións de gran escala, para a localización de fábricas de moble e mobiliario.

Zona industrial-empresas medianas-grandes I-EMG

Zona

Parcelas

Superficie

Sur

5.1

9.448,82 m2

Sur

5.6

9.296,19 m2

Sur

5.7

8.336,06 m2

Sur

6.5

8.961,08 m2

Sur

6.6

11.631,19 m2

Sur

6.7

9.685,34 m2

Sur

7.6

4.975,92 m2

Artigo 58. Condicións de uso (I-EMG)

Usos principais (I-EMG):

• Fabricación do moble ou dos seus compoñentes.

• Fabricación de complementos do moble.

• Oficinas.

• Almacéns.

Usos compatibles (I-EMG):

• Locais de exposición e venda de produto da actividade principal.

• Instalacións especiais.

• Vivenda anexa, vinculada á empresa.

• Os usos compatibles nunca superarán o 40 % da actividade principal.

Artigo 59. Tipo de ocupación (I-EMG)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

Artigo 60. Condicións de parcela (I-EMG)

Permitiranse agrupacións e parcelacións sempre que a parcela mínima sexa de 3.000 m2, con testa mínima de 20 m ao sistema viario. A modificación de parcelas xustificarase debidamente mediante estudo de parcelación do cuarteirón completo e plano que substitúa o PO-3 de definición xeométrica de parcelas resultantes.

Os custos de adecuación de urbanización e infraestruturas causados pola segregación ou agrupación correrán a cargo do titular da nova parcela.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 61. Ocupación de parcela pola edificación (I-EMG)

Parcela 4.9: porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 55 %.

Parcelas 5.1, 5.6, 5.7, 6.5, 6.6, 6.7, 7.6: porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 65 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario paralelo á N-640: segundo ordenanza gráfica, resultado de aplicar o establecido pola normativa sectorial de estradas.

• Ao resto dos sistemas viarios: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

• No caso de edificacións existentes, en canto non se substitúan, os recuamentos axustaranse á devandita edificación.

Artigo 62. Sotos e semisotos (I-EMG)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 63. Características da edificación (I-EMG)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta).

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As testas das edificacións ás vías deberán responder adecuadamente a un deseño arquitectónico de calidade.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 64. Edificabilidade máxima (I-EMG)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 65. Aparcadoiros (I-EMG)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

7. Ordenanza 7. Zona industrial-loxístico (OR.7.I-L)

Artigo 66. Definición de zona industrial-loxístico (I-L)

Reserva para un posible operador loxístico que realice a distribución dos distintos produtos do polígono en longas distancias, consolidando rutas nacionais e internacionais.

Reservouse 1 parcela de 6.840,37 m2 máis unha zona de aparcadoiro de camións xunto á gasolineira existente no polígono.

Zona industrial-loxístico I-L

Zona

Parcelas

Superficie

Norte

4.1

1.035,68 m2

Norte

4.2

6.926,09 m2

Artigo 67. Condicións de uso (I-L)

Usos principais (I-L):

• Loxísticos.

• Almacenamento.

• Consolidación e fragmentación de cargas.

Usos compatibles (I-L):

• Oficinas.

• Actividades complementarias á loxística como embalaxe, etiquetaxe e outros similares.

• Subministración de combustibles para a propia actividade.

• Os usos compatibles nunca superarán o 40 % da actividade principal.

Artigo 68. Tipo de ocupación (I-L)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

A parcela de aparcadoiro de camións non se ocupará con edificación ningunha.

Artigo 69. Condicións de parcela (I-L)

Permitiranse agrupacións e parcelacións na parcela edificable sempre que a parcela mínima sexa de 3.000 m2, con testa mínima de 20 m ao sistema viario. A modificación de parcelas xustificarase debidamente mediante estudo de parcelación do cuarteirón completo e plano que substitúa o PO-3 de definición xeométrica de parcelas resultantes.

Os custos de adecuación de urbanización e infraestruturas causados pola segregación ou agrupación correrán a cargo do titular da nova parcela.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 70. Ocupación de parcela pola edificación (I-L)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 60 %.

A parcela de aparcadoiro de camións non se ocupará con edificación ningunha.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

• No caso de edificacións existentes, en canto non se substitúan, os recuamentos axustaranse á devandita edificación.

Artigo 71. Sotos e semisotos (I-L)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 72. Características da edificación (I-L)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 15 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta). Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As testas das edificacións ás vías deberán responder adecuadamente a un deseño arquitectónico de calidade.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 73. Edificabilidade máxima (I-L)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

A parcela de aparcadoiro de camións non se ocupará con edificación ningunha.

Artigo 74. Aparcadoiros (I-L)

En interior de parcela edificable deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida e a súa localización pódese compatibilizar coas praias de manobra dos peiraos.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

8. Ordenanza 8. Zona industrial-empresas especializadas (OR.8.I-EE)

Artigo 75. Definición de zona industrial-empresas especializadas (I-EE)

Parcelas reservadas para empresas especializadas que complementen os procesos tradicionais de fabricación do moble, con posibilidade de subministración de servizos altamente especializada como o vernizadura, mecanizados, etc.

Zona industrial-empresas especializadas I-EE

Zona

Parcelas

Superficie

Sur

8.1

3.512,02 m2

Sur

8.2

2.487,88 m2

Sur

8.3

3.462,12 m2

Sur

8.4

4.564,54 m2

Sur

8.6

4.145,13 m2

Artigo 76. Condicións de uso (I-EE)

Usos principais (I-EE):

• Procesos de fabricación e tratamentos especializados.

• Fabricación de compoñentes.

• Usos industriais existentes, que se consolidan.

Usos compatibles (I-EE):

• Oficinas.

• Actividades de control de calidade.

• Instalacións especiais.

Artigo 77. Tipo de ocupación (I-EE)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

Artigo 78. Condicións de parcela (I-EE)

Permitiranse agrupacións e parcelacións sempre que a parcela mínima sexa de 2.000 m2, con testa mínima de 15 m ao sistema viario. A modificación de parcelas xustificarase debidamente mediante estudo de parcelación do cuarteirón completo e plano que substitúa o PO-3 de definición xeométrica de parcelas resultantes.

Os custos de adecuación de urbanización e infraestruturas causados pola segregación ou agrupación correrán a cargo do titular da nova parcela.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 79. Ocupación de parcela pola edificación (I-EE)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 50 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

• No caso de edificacións existentes, en canto non se substitúan, os recuamentos axustaranse á devandita edificación.

Artigo 80. Características da edificación (I-EE)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta).

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As testas das edificacións ás vías deberán responder adecuadamente a un deseño arquitectónico de calidade.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 81. Edificabilidade máxima (I-EE)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 82. Aparcadoiros (I-EE)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

Artigo 83. Servidumes (I-EA)

Nas parcelas próximas ao río Liñares establécese unha servidume de acueducto para evacuación de augas pluviais cun largo de 3 metros nos laterais da parcela, de maneira que poidan construírse gabias de infiltración entre parcelas para canalización de augas pluviais e posterior vertedura ao río Liñares.

9. Ordenanza 9. Zona industrial-empresas comercialización e venda (OR.9.I-ECV)

Artigo 84. Definición de zona industrial-empresas comercialización e venda (I-ECV)

Parcelas reservadas para empresas dedicadas á fabricación, comercialización e venda de moble e complementos.

Zona industrial-empresas comercialización e venda I-ECV

Zona

Parcelas

Superficie

Norte

2.1

6.826,90 m2

Norte

2.3

2.428,11 m2

Norte

2.4

2.706,16 m2

Norte

2.5

1.997,61 m2

Norte

2.6

2.213,71 m2

Norte

4.3

5.516,45 m2

Norte

4.4

1.970,27 m2

Norte

4.5

1.914,79 m2

Norte

4.6

2.189,92 m2

Norte

4.7

2.450,32 m2

Norte

4.8

3.888,93 m2

Sur

5.2

3.701,47 m2

Sur

5.3

5.705,49 m2

Sur

5.4

3.133,00 m2

Sur

5.5

2.130,64 m2

Sur

6.1

9.141,35 m2

Sur

6.2

3.181,86 m2

Sur

6.3

3.738,37 m2

Sur

6.4

4.203,65 m2

Artigo 85. Condicións de uso (I-ECV)

Usos principais (I-ECV):

• Fabricación do moble e os seus complementos.

• Comercialización do moble.

• Usos industriais existentes.

• Estación de servizo existente, que se consolida.

• Comercialización de complementos do moble e do fogar.

• Exposición.

Usos compatibles (I-ECV):

• Oficina.

• Hostalaría.

• Outros usos que pola súa complementariedade aumenten o atractivo comercial da Cidade do Moble no seu conxunto.

• Vivenda anexa vinculada á empresa.

Artigo 86. Tipo de ocupación (I-ECV)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

Artigo 87. Condicións de parcela (I-ECV)

Permitiranse agrupacións e parcelacións sempre que a parcela mínima sexa de 1.700 m2, con testa mínima de 15 m ás vías. A modificación de parcelas xustificarase debidamente mediante estudo de parcelación do cuarteirón completo e plano que substitúa o PO-3 de definición xeométrica de parcelas resultantes.

Os custos de adecuación de urbanización e infraestruturas causados pola segregación ou agrupación correrán a cargo do titular da nova parcela.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 88. Ocupación de parcela pola edificación (I-ECV)

Parcelas 2.1, 4.3, 5.3, 6.1: porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 70 %.

Parcelas 2.4, 4.8: porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 65 %.

Parcelas 4.7, 5.2, 5.4, 6.3: porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 55 %.

Parcelas 2.5, 4.4, 4.5, 4.6, 6.4: porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 50 %.

Parcela 2.6: porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 45 %.

Parcelas 2.3, 5.5, 6.2: porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 40 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario paralelo á N-640: segundo ordenanza gráfica, resultado de aplicar o establecido pola normativa sectorial de estradas.

• Ao resto do sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

• No caso de edificacións existentes, os recuamentos axustaranse á devandita edificación.

Artigo 89. Sotos e semisotos (I-ECV)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 90. Características da edificación (I-ECV)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta), salvo as instalacións especiais.

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As testas das edificacións ás vías deberán responder adecuadamente a un deseño arquitectónico de calidade.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 91. Edificabilidade máxima (I-ECV)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,90 m2c/m2.

Artigo 92. Aparcadoiros (I-ECV)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 do 50 % de edificabilidade consumida e 1 praza/cada 82,27 m2c do 50 % de edificabilidade restante, recomendándose para iso as solucións de sotos e semisotos, que non achegarán edificabilidade.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

10. Ordenanza 10. Zona servizos comúns-servizos centrais e exposición (OR.10.SC-SCE)

Artigo 93. Definición de zona de servizos comúns-servizos centrais e exposición (SC-SCE)

Parcela reservada para a localización do edificio representativo do polígono que concentrará os servizos administrativos deste, así como servizos complementarios.

A zona norte desta parcela quedará libre de edificación, constituíndo unha praza de recepción que interrelacione os edificios que a ela se asoman.

Zona servizos comúns-servizos centrais e exposición SC-SCE

Zona

Parcela

Superficie

Norte

1.2

3.842,35 m2

Artigo 94. Condicións de uso (SC-SCE)

Usos principais (SC-SCE):

• Oficinas administrativas.

• Exposición de novidades.

• Museo.

• Salón de actos.

• Salas polivalentes.

• Salas de reunións.

• Recepción-información.

• Seguridade, protección contra incendios.

• Servizos de mantemento e limpeza.

• Oficinas de correos-teléfono-telefax-videoconferencia.

• Centro sanitario.

• Cafetaría, restauración, hotel, centro recreativo, lavandaría, barbaría, farmacia, servizos bancarios, prensa, libraría, estanco…

Usos compatibles (SC-SCE):

• Gardaría.

• Equipamento cultural e deportivo.

• Outros usos que pola súa complementariedade aumenten o carácter de servizos centrais á disposición dos usuarios e visitantes da Cidade do Moble.

Artigo 95. Tipo de ocupación (SC-SCE)

Edificación illada, con recuamentos ou non a estremas e testas de parcela, e espazo libre que conformará unha gran praza de recepción que interrelacionará os edificios que a ela se asomen.

Artigo 96. Condicións de parcela (SC-SCE)

Non se permite a parcelación.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 97. Ocupación de parcela pola edificación (SC-SCE)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 40 %.

Porcentaxe máxima de ocupación baixo rasante: 80 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario paralelo á N-640: segundo ordenanza gráfica, resultado de aplicar o establecido pola normativa sectorial de estradas.

• Ao resto das estremas: segundo ordenanza gráfica.

O espazo libre poderá ocuparse por pequenas edificacións ou instalacións complementarias ao uso de praza de recepción (caseta de control, vixilancia, mantemento, almacén de instalacións transitorias), sempre que non mingüen a súa función principal.

Artigo 98. Sotos e semisotos (SC-SCE)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 99. Características da edificación (SC-SCE)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 15 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta).

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

A edificación no seu conxunto deberá responder adecuadamente a un deseño arquitectónico de calidade.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 100. Edificabilidade máxima (SC-SCE)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 1,00 m2c/m2.

Artigo 101. Aparcadoiros (SC-SCE)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 da edificabilidade consumida e para iso recoméndanse as solucións de sotos e semisotos, que non achegarán edificabilidade.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

Artigo 102. Desenvolvemento en fases (SC-SCE e SC-CIE)

Articúlase o desenvolvemento en fases das dúas parcelas que lindan co futuro espazo libre, constituíndo unha primeira fase a execución da parcela 1.1 (SC-CIE), a cal poderá asumir usos correspondentes a servizos centrais e exposición.

A segunda fase permitirá a execución da parcela 1.2 (SC-SCE) e a urbanización da praza.

Artigo 103. Flexibilidade da ordenación (SC-SCE e SC-CIE)

A ordenación prevista poderase modificar mediante a tramitación e aprobación do correspondente estudo de detalle.

11. Ordenanza 11. Zona servizos comúns-centro de incubadora de empresas (OR.11.SC-CIE)

Artigo 104. Definición de zona de servizos comúns-centro de incubadora de empresas (SC-CIE)

Confórmano dúas parcelas xunto aos servizos centrais e de exposición con destino a constituír un centro de xeración de novas empresas ou incubadora de empresas.

Poderanse definir 10 módulos de 220 m2 nos cales se poderá desenvolver un programa de nave de traballo e oficina vinculada. En planta superior localizaranse oficinas independentes.

Zona servizos comúns-centro de incubadora de empresas SC-CIE

Zona

Parcelas

Superficie

Norte

1.1

3.975,00 m2

Artigo 105. Condicións de uso (SC-CIE)

Usos principais (SC-CIE):

• Industrial relacionado coa transformación da madeira e empresas auxiliares.

• Oficinas.

Usos compatibles (SC-CIE):

• En canto non se consolide o edificio representativo dos servizos centrais e exposición, permitiranse os devanditos usos na parcela 1.1.

Artigo 106. Tipo de ocupación (SC-CIE)

Edificación modular, con recuamentos ou non a estremas e testa de parcela.

Artigo 107. Condicións de parcela (SC-CIE)

Non se permite a parcelación.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 108. Ocupación de parcela pola edificación (SC-CIE)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 42,26 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario paralelo á N-640: segundo ordenanza gráfica, resultado de aplicar o establecido pola normativa sectorial de estradas.

• Ao resto das estremas: segundo ordenanza gráfica.

Artigo 109. Sotos e semisotos (SC-CIE)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computarán para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 110. Características da edificación (SC-CIE)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta), salvo as instalacións especiais.

Altura máxima de coroación do edificio: 18 m.

Exceptúanse edificacións e instalacións especiais con xustificación técnica.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

Poderanse definir 10 módulos en total de 220 m2c nos cales se poderá desenvolver un programa de nave de traballo e oficina vinculada. En planta superior localizaranse oficinas independentes.

A edificación no seu conxunto deberá responder adecuadamente a un deseño arquitectónico de calidade.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 111. Edificabilidade máxima (SC-CIE)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 1,50 m2c/m2.

Artigo 112. Aparcadoiros (SC-CIE)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 164,60 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

Artigo 113. Desenvolvemento en fases (SC-CIE e SC-SCE)

Articúlase o desenvolvemento en fases das dúas parcelas que estreman co futuro espazo libre, constituíndo unha primeira fase a execución da parcela 1.1 (SC-CIE), a cal poderá asumir usos correspondentes a servizos centrais e exposición.

A segunda fase permitirá a execución da parcela 1.2 (SC-SCE) e a urbanización da praza.

Artigo 114. Flexibilidade da ordenación (SC-SCE e SC-CIE)

A ordenación prevista en ambas as zonas poderase modificar mediante a tramitación e aprobación do correspondente estudo de detalle.

12. Ordenanza 12. Equipamento 1-punto limpo (OR.12. E1)

Artigo 115. Definición de equipamento 1-punto limpo (E1)

Zona reservada para a recollida ordenada de residuos non orgánicos xerados polas empresas que permita a reciclaxe posterior.

Equipamento 1-punto limpo E1

Zona

Parcela

Superficie

Sur

E1

4.085,28 m2

Artigo 116. Condicións de uso (E1)

Usos principais (E1):

• Recollida de residuos non orgánicos e a súa reciclaxe.

Usos compatibles (E1):

• Oficinas vinculadas.

• Servizos educativos.

Artigo 117. Tipo de ocupación (E1)

Edificación illada, con recuamentos mínimos a estremas e testas de parcela.

Artigo 118. Condicións de parcela (E1)

Non se permite a parcelación.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 119. Ocupación de parcela pola edificación (E1)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 40 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• A resto das estremas: 5 m.

Recoméndase a integración de parte da vexetación existente no proxecto de execución.

Artigo 120. Sotos e semisotos (E1)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computarán para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 121. Características da edificación (E1)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta), salvo as instalacións especiais.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 122. Edificabilidade máxima (E1)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 123. Aparcadoiros (E1)

Non se exixe reserva de aparcadoiros en interior de parcela por non ser un uso que o requira.

13. Ordenanza 13. Equipamento 2 (OR.13. E2)

Artigo 124. Definición de equipamento 2 (E2)

Equipamento localizado con testa á estrada para equipamento xenérico, de xestión municipal.

Equipamento 2-E2

Zona

Parcela

Superficie

Sur

E2

3.802,13 m2

Artigo 125. Condicións de uso (E2)

Usos principais (E2):

• Servizos educativos, culturais, deportivos.

Usos compatibles (E2):

• Terciario-comercial (cafetaría, hotel, pequeno supermercado…).

Artigo 126. Tipo de ocupación (E2)

Edificación illada, con recuamentos a estremas e testa de parcela.

Artigo 127. Condicións de parcela (E2)

Non se permite a parcelación.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 128. Ocupación de parcela pola edificación (E2)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 40 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

• Estes recuamentos en todo caso aumentarán (nunca diminuirán) se no interior da parcela se integra un noiro de conformación de plataforma. Nesta situación, a edificación recuarase 4 m respecto ao pé ou cabeza de noiro integrado na parcela.

Artigo 129. Sotos e semisotos (E2)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 130. Características da edificación (E2)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta), salvo as instalacións especiais.

Número de plantas máximo sobre rasante: 3 plantas.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 131. Edificabilidade (E2)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 1,20 m2c/m2.

Artigo 132. Aparcadoiros (E2)

En interior de parcela deberase reservar 1 praza/cada 83,29 m2 de edificabilidade consumida.

Este número de prazas poderase reducir xustificadamente.

14. Ordenanza 14. Equipamento 3-servizos (OR.14. E3)

Artigo 133. Definición de equipamento 3-servizos (E3)

Equipamento localizado en parte ao norte do polígono, vinculado ao parque fluvial para a instalación de servizos e/ou infraestruturas vinculadas ao polígono e/ou ao parque fluvial.

Instalarase a estación depuradora de augas residuais.

Equipamento 3-servizos E3

Zona

Parcela

Superficie

Norte

E3

4.200,54 m2

Artigo 134. Condicións de uso (E3)

Usos principais (E3):

• Servizos e infraestruturas (EDAR, instalacións, mantemento…).

Usos compatibles (E3):

• Servizos educativos, culturais, deportivos.

Artigo 135. Tipo de ocupación (E3)

Edificación illada, con recuamentos a estremas e testas de parcela.

Artigo 136. Condicións de parcela (E3)

Non se permite a parcelación.

As zonas da parcela non ocupadas pola edificación urbanizaranse con pavimentos permeables que permitan a infiltración de augas pluviais.

Artigo 137. Ocupación de parcela pola edificación (E3)

Porcentaxe máxima de ocupación sobre rasante: 40 %.

Recuamentos mínimos:

• Ao sistema viario: 10 m.

• Ao resto das estremas: 5 m.

• Estes recuamentos en todo caso aumentarán (nunca diminuirán) se no interior da parcela se integra un noiro de conformación de plataforma. Nesta situación, a edificación recuarase 4 m respecto ao pé ou cabeza de noiro integrado na parcela.

Artigo 138. Sotos e semisotos (E3)

Considerarase planta de semisoto aquela cuxa altura sobre rasante non supere 1,5 m. Esta distancia tomarase desde a cara inferior da placa de conformación de planta baixa.

Os usos en plantas semisoto vincularanse aos usos de planta baixa, sen poderen conformar locais independentes.

A edificabilidade de sotos e semisotos non se computará para ningún efecto para os usos de aparcadoiro, instalacións e almacéns.

As plantas de sotos e semisotos respectarán os recuamentos exixidos para as plantas sobre rasante. En planta de soto poderanse modificar xustificadamente os devanditos recuamentos, mantendo obrigatoriamente unha distancia mínima de 3 m a calquera estrema de parcela.

Artigo 139. Características da edificación (E3)

Altura máxima da edificación sobre rasante: 12 m (medida a cara inferior de estrutura conformadora de cuberta), salvo as instalacións especiais.

Número de plantas máximo sobre rasante: 2 plantas.

As estremas ou fondos de parcela orientados cara ao río Liñares deberán incluír unha banda arborizada ou sebe vexetal que minimice o impacto visual.

Recoméndase:

• O emprego de técnicas de bioconstrución e de materiais de baixo impacto enerxético.

• A non utilización de PVC nas construcións.

• A certificación de orixe da madeira utilizada como material de construción.

Artigo 140. Edificabilidade máxima (E3)

Coeficiente de edificabilidade neta sobre rasante: 0,80 m2c/m2.

Artigo 141. Aparcadoiros (E3)

Non se exixe reserva de aparcadoiros en interior de parcela por non ser un uso que o requira.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo