Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 39061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación para a contratación do arrendamento, sen opción de compra, de nove vehículos para utilización de diversas unidades.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: Casetas de Administración. Planta baixa. Rúa Ramón Puga, 52 -54.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Teléfono: 988 38 56 91.

5. Fax: 881 54 70 69.

6. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AB-EIO1-16-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, de nove (9) vehículos para utilización por diversas unidades da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o número 8.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 36 mensualidades.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 34100000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: douscentos dous mil trinta e seis euros con trinta e sete céntimos (202.036,37 €).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento trinta e sete mil setecentos cincuenta e dous euros con sete céntimos (137.752,07 €).

b) Importe total: cento sesenta e seis mil seiscentos oitenta euros (166.680,00 €).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse as alíneas d) e e) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do vixésimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no número 1.c).3º desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, soto 3, rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentaren ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o número 5.6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: véxase o número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 5º andar do Edificio Cirúrxico; rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil de contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase o número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea:

12. Outras informacións:

Ourense, 1 de agosto de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras