Intentada a notificación da resolución da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se acorda a resolución de desestimatoria da axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figuran no anexo, para que poida ter coñecemento del.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.
Lugo, 17 de agosto de 2016
A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1.a) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Marta Pérez López
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2015/326-2.
Nome: Maoquin Chen.
DNI/NIF: X7577664S.
Último enderezo coñecido: rúa Concepción Arenal, 1-bx. 4, 27003 Lugo.
Contido da resolución: resolución ditada o 11 de xullo de 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, de non concesión de axuda ou subvención solicitada, por acadar unha puntuación inferior a do último expediente concedido, por esgotamento do crédito orzamentario, segundo os criterios regulados no artigo 13.6 da orde de convocatoria.