Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2016/1140-1).

Expediente: IN407A 2016/1140-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento MT no Polígono Industrial Os Capelos.

Concello: Carral.

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión RAL-704 entre os apoios nº 90 e 91, a 15 kV, cunha lonxitude de 162 m, coa orixe no apoio nº 90 existente da liña RAL-704, condutor tipo LA-110 mm2 e final no apoio nº 91 proxectado en substitución do existente da LMT RAL-704.

Liña de media tensión subterránea da RAL-704 (tramo nº 1) a 15 kV cunha lonxitude de 72 m, coa orixe paso aéreo-subterráneo proxectado en novo apoio tipo C-16-7000 (punto A, do plano de manobras eléctricas), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS RAL-704, no tramo entre o CT Edar-Os Capelos (expediente 66/02) e o CT Tabeaio (expediente 6166).

Liña de media tensión subterránea da RAL-704 (tramo nº 2) a 15 kV cunha lonxitude de 72 m, coa orixe paso aéreo-subterráneo proxectado en novo apoio tipo C-16-7000 (punto A, do plano de manobras eléctricas), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS RAL-704, no tramo entre o CS Parcela, 25 (expediente 327/04) e o CT Tabeaio (expediente 6166).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 18 de agosto de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña