Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38813

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 94/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 94/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Octavio da Silva Martins contra a empresa Construcciones Rafra, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Auto 2.8.2016.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Non procede despachar a execución interesada por estar a entidade executada, Construcciones Rafra, en situación de concurso.

Fágase entrega á parte demandante de testemuño da demanda e da sentenza ditada neste procedemento, así como da presente resolución, e arquívense as actuacións logo de baixa no libro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas, mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorreu (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina súa señoría. Dou fe. O/a maxistrado/a xuíz. O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, en paradoiro ignorado, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza