Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (675/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 675/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Couselo Ferro contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Fogasa, Talleres J & M Fernández, S.L., Global Automoción, S.L., Compostela Concesionario, S.L., José Luis Fernández Rodríguez, Compostela Automotriz, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, Marcelino Fernández Rodríguez sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

Maxistrado xuíz: Javier Fraga Mandián.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016.

Parte dispositiva:

Dispoño ter por desistido a Jesús Manuel Couselo Ferro da demanda íntegra presentada fronte a José Luis Fernández Rodríguez, Marcelino Fernández Rodríguez, Asesoría Global Automoción, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Compostela Concesionario, S.L., Compostela Automotriz, S.L. e Patrimonial Feranpe, S.L., así como unicamente das accións de despedimento e resolución contractual en relación coas restantes codemandadas Talleres J y M Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L. continuando respecto a estas últimas unicamente en canto á acción de reclamación de cantidade.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O xuíz. A letrada da Administración de xustiza.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Asesoría Global Automoción, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza