Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cariño

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle.

Por Acordo do Pleno do 31 de maio de 2016, aprobouse definitivamente o estudo de detalle para establecer as alturas e os volumes dunha parcela xa edificada situada na rúa Antiga, nº 30, da zona vella de Cariño, co obxecto de aumento de volume. O que se publica para os efectos do disposto nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

7. Aprobación definitiva, se procede, do estudo de detalle instado por Ignacio Aparicio Gordillo.

Visto que o 21.9.2011, mediante o Decreto da Alcaldía 470/2011, se aproba inicialmente o estudo de detalle correspondente e se somete a información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia do 10.1.2012 e no Diario de Ferrol do 25.1.2012. Así mesmo, concédeselles aos propietarios interesados un prazo de audiencia de quince días.

Considerando que non se presentaron alegacións no período de información pública.

Visto que o 25.4.2016, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, emite informe favorable, no cal se indica que se dá cumprimento a todos os condicionantes impostos no informe da Dirección Xeral de 28.8.2015.

Vistos o informe favorable do técnico municipal do 28.4.2016 e o informe-proposta da Secretaría do 2.5.2016.

Visto o ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas, Espazos Públicos e Desenvolvemento Sostible do 27.5.2016.

O Pleno corporativo, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para establecer as alturas e os volumes dunha parcela xa edificada obxecto dun aumento de volume, de parcela situada na rúa Antiga, nº 30, da zona vella de Cariño, cos seguintes condicionantes determinados polo técnico municipal no seu informe do 28.4.2016.

1. O estudo de detalle é o conformado polos seguintes documentos: memoria (con visado do día 18.9.2014), plano 1, visado o día 11.6.2010, planos 2 e 3, visados o día 10.2.2011, que tiveron entrada no concello o día 29.10.2014 (RE nº 3033), e os planos 4, 5 e 6 (visados o día 24.11.2015), que tiveron entrada no Concello o día 14.12.2015 (RE nº 3775).

2. Tal e como se sinala no artigo 196 do PXOM, o obxecto do estudo de detalle é exclusivamente definir a ocupación máxima da parcela e o volume máximo da nova edificación (mediante os fondos, frontes e alturas medias, en metros e nº de plantas). A proposta do edificio que se vai construír, que resulta da documentación presentada o día 14.12.2015, cumpre as condicións de tipoloxía, parcelación, posición, volume e edificación da ordenanza Z4 do PXOM. Outras cuestións como as condicións de acabamento exterior e uso establecidas no resto do articulado da ordenanza Z4 enténdese que se deberán matizar no proxecto básico que sirva para a outorgación da licenza de obras.

3. A restante normativa de aplicación (entre outros): a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; o Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código técnico de edificación; o Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas en Galicia; a normativa sectorial aplicable, etc.) será analizada no momento da presentación do proxecto básico que sirva para a outorgación da licenza.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificarlles este acordo aos propietarios e aos demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de que sexa inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Contra o presente acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Cariño, 9 de agosto de 2016

José M. Alonso Pumar
Alcalde