Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 10-2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en diversos concellos da Comunidade Autónoma galega, polo procedemento aberto e tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 10-2016.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en diversos concellos da Comunidade Autónoma galega.

c) CPV: 85320000 servizos sociais.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 19 de abril de 2016.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 736.000 € (IVE incluído).

1.5. Formalización.

Lote 1: A Coruña.

a) Data: 1.8.2016.

b) Contratista: Sar Residencial y Asistencial, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 191.250 € (IVE incluído).

Lote 2: Salvaterra de Miño.

a) Data: 1.8.2016.

b) Contratista: Residencia Salvaterra, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 167.076 € (IVE incluído).

Lote 3: Outeiro de Rei.

a) Data: 1.8.2016.

b) Contratista: Geriátricos del Principado, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 114.750 € (IVE incluído).

Lote 4: Lobeira.

a) Data: 1.8.2016.

b) Contratista: Fundación San Rosendo.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 110.160 € (exento IVE).

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social