Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2016/705-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Regueiro, S.L.

Enderezo social: rúa Campolongo, 138, 15600 Pontedeume.

Denominación: proxecto de instalación de LMTS 15 kV e CT prefabricado de 630 kVA, anexo e refundido do proxecto de instalación da LMTS 15 kV e CT prefabricado de 630 kVA.

Situación: rúa Campolongo, 138, 15600 Pontedeume.

Características técnicas:

LMTS 15 kV, lonxitude 0,040 km, RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) Al. Dúas celas de liña de E/S, cela de seccionamento.

Unha cela de liña, cela de protección xeral, cela de medida e CT prefabricado tipo caseta de 630 kVA, 15 kV/400-230 V, illante aceite mineral, trafo trifásico redutor Cotradis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 5 de agosto de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña