Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 8 de agosto de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 182, 183, 194, 195, 196, 197, 198, 199, 200 e 201 do polígono 120 do termo municipal de Vilalba (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 8 de agosto de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola nas parcelas 182, 183, 194, 195, 196, 197, 198, 199, 200 e 201 do polígono 120 do termo municipal de Vilalba (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 27 de maio de 2016 (anuncio publicado no DOG número 123, do 30 de xuño).

Lugo, 11 de agosto de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo