Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 90/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 90/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Víctor M. Fernández Sampedro contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva

Dispoño:

1. Proceder á rectificación aritmética do auto ditado neste procedemento con data do 7.7.2016 no sentido que se indica a continuación.

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Víctor M. Fernández Sampedro, fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., parte executada, por importe de 13.649,07 euros (correspondentes a 2.388,34 euros de indemnización máis 11.260,73 euros de salarios de tramitación) máis 1.364,90 euros de xuros legais.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz O/a letrado/a da Administración de xustiza»

«Parte dispositiva

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo, o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará para efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

– En relación cos vehículos titularidade da executada 4597DPH, 603 DPH, 4615 DPH, 4620DPH, 6797DPS, 1972BDM, 4280DYY, 4482DYY,4792FCL, 4926FCL, 4992FCL, 52009FCL, 5396FCL, 2781 FJN, 2797FJN, 2808FJN, 2825FJN, 2836FJN, 0766FRX, M5473MF, 2989GSH, 2315HRL, 7962HRM, 7964HRM, 7994HRM, 2956HSL, 8717 HSZ, 2937HSL, C3138BVV, C3142BVV, C3409BVV e os terreos números 33906, 33902, 33904, 33910, 33908, do Rexistro de Propiedade de Redondela. Número 80126 do Rexistro de Propiedade número 2 de Vigo, 64488 do Rexistro de Propiedade número 3 de Vigo. Número 11766 do Rexistro de Propiedade número 2 de Santiago de Compostela.

Unha vez que se reciba o resultado dos embargos anteriormente trabados, acordarase.

Notifíquese ás parte e fágaselles saber que en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentes non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 e deberá indicar no campo concepto de pagamento 5076 0000 64 0090 16.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 0049 3569 9200 0500 1274. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0090 16”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza