Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de agosto de 2016, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de reposición en materia de estradas de clave 062/16.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica en expediente de reposición en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, a persoa interesada disporá dun prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do servizo desta delegación da Axencia Galega de Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén o ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Unha vez transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 1 de agosto de 2016

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

062/16

Luis Ángel Abalo Álvarez

Incoación expediente de reposición

43.4.a)

VG-4.7 Carril-Baión