Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas, publicado mediante a Resolución do 8 de agosto de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante acordo marco, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, da subministración e xestión integral de medios de dixitalización e impresión de documentos en centros da Xunta de Galicia, e se abre un novo prazo de presentación de ofertas (expediente 62/2016).

Como consecuencia da corrección de erros no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 8 de agosto de 2106 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 153, do 12 de agosto, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=56288

Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24.8.2016.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 3 de outubro de 2016.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia