Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de inicio de extinción da concesión do parque de cultivo da praia de Quintáns, entre Punta Palma e Punta Capitán, concello de Boiro (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, e logo de intentada a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta Xefatura Territorial do Mar, situada na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de agosto de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: de inicio de extinción da concesión do parque de cultivo de Ramón Piñeiro Torrado.

Interesada: Anunciación del Río Romero.

Enderezo: Abanqueiro, nº 7, 15938 Boiro, A Coruña.

Acto notificado: resolución de inicio do procedemento de extinción da concesión.