Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de xestión de residuos sanitarios non perigosos clase II a), código LER 180104, específicos da actividade sanitaria, xerados no Hospital Arquitecto Marcide e no Hospital Naval.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

– Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de subministracións.

– Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

– Localidade e código postal: Ferrol 15405.

– Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

– Telefax: 981 33 45 51.

– Correo electrónico: contratacion.subministracions.ferrol@sergas.es

– Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

– Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-16-021.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo mixto.

b) Descrición: servizo de xestión de residuos sanitarios non perigosos clase II a), código LER 180104, específicos da actividade sanitaria, xerados no Hospital Arquitecto Marcide e no Hospital Naval da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90524400-0.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Medios achegados e organización do servizo: ata 20 puntos.

– Oferta económica: ata 60 puntos.

– Frecuencia de recollida de residuos clase II a): ata 10 puntos.

– Prazo de restablecemento do servizo no caso de avaría: ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 68.643,75 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 31.380 €; IVE: 3.138 €; importe total: 34.518 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: –.

Ferrol, 16 de agosto de 2016

O xerente de Xestión Integrada de Ferrol
P.A. (Artigo 4.3 do Decreto 168/2010)
Silvia Rodríguez Dapena
Directora de Procesos Asistenciais