Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación do servizo de implantación da aplicación informática Xeceas Web e mantemento correctivo e evolutivo da dita aplicación en toda a rede de drogodependencias de Galicia, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-16-029).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-16-029.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de implantación da aplicación informática Xeceas Web e mantemento correctivo e evolutivo da dita aplicación en toda a rede de drogodependencias de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72243000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de implantación da aplicación

0-20

Metodoloxía de traballo

0-20

Melloras

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 147.969,22 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 61.653,84 euros. Importe total: 74.601,15 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as letras d) e e) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos