Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de material sanitario para suxeición e inmobilización con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: Paseo do General Sir John Moore, 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 81 30 e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: MI-EIC1-16-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración sucesiva de material sanitario para suxeición e inmobilización con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes: 21 lotes.

d) Lugar de execución: véxase o número 14 da folla de especificacións.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a data de entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33140000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na folla de especificacións, número 11.

4. Valor estimado do contrato.

a) 2.084.861,51 € (dous millóns oitenta e catro mil oitocentos sesenta e un euros con cincuenta e un céntimos).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 868.692,30 € (oitocentos sesenta e oito mil seiscentos noventa e dous euros e trinta céntimos).

b) Importe total: 955.561,52 € (novecentos cincuenta e cinco mil cincocentos sesenta e un euros con cincuenta e dous céntimos).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do orzamento de licitación do lote (lotes), IVE non incluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non requirida.

b) Solvencia.

Solvencia económica e financeira: véxase o número 16 da folla de especificacións.

Solvencia técnica e profesional: véxase o número 17 da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3.10.2016.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: Paseo do General Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3.8.2016.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos