Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2016/374-1).

Expediente: IN407A 2016/374-1.

Promotora: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación da instalación: LMTS 20 kV a CSM Vilamaior e derivada a Granitos Xallas.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O 8 de abril de 2016 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 24 de maio e no BOP do 20 de maio de 2016.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Tramo 1: LMTA a 20 kV, de 264 m e condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº 1 (127-50-A12 UFD) e final no apoio nº 3 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Tramo 2: LMTS a 20 kV, de 27 m e condutor tipo RHZ1-2OL 3×1×240 mm2 Al, con orixe no apoio nº 3 e final no CSM proxectado.

– Tramo 3: LMTS a 20 kV, de 196 m e condutor tipo RHZ1-2OL 3×1×240 mm2 Al, con orixe no CSM proxectado e final no apoio nº 4 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Tramo 4: LMTA a 20 kV, de 495 m e condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº 4 e final no apoio nº 7 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Tramo 5: LMTA a 20 kV, de 432 m e condutor tipo ccx47 AL1 mm2, con orixe no apoio nº 7 e final no apoio nº 10 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Tramo 6: LMTA a 20 kV, de 842 m e condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº 10 e final no apoio nº 15 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– Derivada a Granitos Xallas: LMTA a 20 kV, de 647 m e condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº 15 e final no apoio nº 20 da LMT 20 kV a Pedreiras (expediente 31.809).

– CSM en envolvente prefabricado de formigón con 5 celas (2L(CML)+1P(CMV)+1M(CMM)+1P(CMP) con illamento e corte en SF6.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 114.411,62 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se lle xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 7 de xullo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña