Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de apertura do expediente sancionador por infracción en materia de xogo P-1/16.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC), notifícaselle á empresa que se relaciona no anexo, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción do artigo 56 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O artigo 32.1.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, atribúe ao director xeral con competencias en materia de xogo e apostas a competencia para a resolución dos expedientes sancionadores cando a sanción consista nunha multa de ata 60.000 €.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, en virtude do disposto no Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administraciones Públicas e Xustiza.

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o/a instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no andar 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

A eficacia desta publicación queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto no artigo 59.5 da LRXPAC.

Pontevedra, 17 de agosto de 2016

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Establecemento

Recreativos Veiga, S.L.

B-36642684

P-1/16

Artigo 56 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro

Vía Hispanidade, 61 baixo, 36203 Vigo

Entrecañas