Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38080

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3726/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3726/2015

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 796/2013. Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: Manuel Blanco Vázquez

Avogado: Pedro Manuel Freire Amador

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Excamel, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3726/2015-RJ-A desta sala, seguido por instancia Manuel Blanco Vázquez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Excamel, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Resolvemos que, con desestimación do recurso interposto por Manuel Blanco Vázquez, confirmamos a sentenza que con data do 6 de marzo de 2015 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, e pola cal se rexeitou a demanda formulada e se absolveron o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Excamel, S.L.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Excamel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza