Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38108

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1129/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1129/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Borja Rodríguez Peláez contra Nutrifitness Personal Trainers, S.L., Consigue Tu A., S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 496/2016.

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1129/2015.

Demandante: Borja Rodríguez Peláez.

Letrado: Sr. Abad Díaz.

Demandado:

– Nutrifitness Personal Trainers, S.L.

– Consegue Tu A., S.L.

Letrado: (…)

Sentenza 496/2016.

A Coruña, 27 de xullo de 2016.

Decicisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Borja Rodríguez Peláez fronte a Nutrefitness Personal Trainers, S.L. e Consigue Tu A., S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, o prazo de aviso previo non concedido e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas demandadas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 527,07 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 27,38 €/día.

3º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Borja Rodríguez Peláez fronte a Nutrefitness Personal Trainers, S.L. e Consigue Tu A., S.L. e, en consecuencia, condeno estas a aboarlle solidariamente ao primeiro a suma de 1.353,27 euros en concepto de salarios do mes de setembro de 2015 e de 19 días do mes de outubro de 2015.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nutrifitness Personal Trainers, S.L. e a empresa Consigue Tu A., S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza