Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 368/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 368/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Guevara Rodríguez contra Cocina Fusion Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L. Abeiradaria, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 493/2016.

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 368/2016.

Demandante: Patricia Guevara Rodríguez.

Letrado: Sr. Fandiño Ucha.

Demandado:

– Cocina Fusion Tamei, S.L.

– Tamei Restauración, S.L.

– Abeiradaria, S.L.

Sentenza 493/2016.

A Coruña, 27 de xullo de 2016.

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Patricia Guevara Rodríguez fronte a Cocina Fusión Tamei, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, o prazo de aviso previo non concedido e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 2.423,30 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 44,06 €/día.

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Patricia Guevara Rodríguez fronte a Tamei Restauración, S.L. e Abeiradaria, S.L. e, en consecuencia, absólvoas de todo pedimento dirixido fronte a elas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cocina Fusion Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L. e Abeiradaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza