Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial presentada por Televés, S.A. para unha instalación de cincado electrolítico de pezas metálicas situada no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña (expediente 2015-IPPC-M-83).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental referido á modificación substancial da autorización ambiental integrada das instalacións de Televés situadas en Santiago de Compostela, provincia da Coruña. Xuño de 2016.

– Resumo non técnico referido á modificación substancial da autorización ambiental integrada das instalacións de Televés situadas en Santiago de Compostela, provincia da Coruña. Xuño de 2016.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Expediente: 2015-IPPC-M-83

Peticionario: Televés, S.A.

Domicilio social e localización da instalación: rúa Benéfica de Conxo, nº 17, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Descrición da modificación.

A modificación prevista consiste basicamente no seguinte:

– Incorporación de novas liñas de tratamento de superficies metálicas:

1º. Tratamento de cinc en tambor.

2º. Aliaxe de cinc, cobre e estaño.

3º. Pasivado de antenas.

– Instalación dunha estación depuradora de augas residuais industriais para o tratamento dos distintos efluentes producidos nas instalacións de tratamento de superficies da planta (enxaugaduras pasivado, ácidos, alcalinos e cianurados) e enxaugaduras amoniacais procedentes de Gallega de Circuitos Electrónicos, S.A.