Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1137/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1137/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Pita Taboada contra Nutrifitness Personal Trainers, S.L., Consigue Tu A, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 387/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1137/2015.

Demandante: Paula Pita Taboada.

Letrado: Sr. Abad García.

Demandados: Nutrifitness Personal Trainers, S.L., Consigue Tu A, S.L., Fogasa.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Paula Pita Taboada contra Nutrifitness Personal Trainers, S.L. e Consigue Tu A, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, o prazo de aviso previo non concedido e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas demandadas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 900,08 euros.

En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 32,73 euros/día.

3º. O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) cos límites previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de Reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Nutrifitness Personal Trainers, S.L. e Consigue Tu A, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza