Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 79/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 79/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Nieto Cobas contra Suso Mallón, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Decreto: 367/2016.

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 955/2012.

Sobre: ordinario.

Demandante: Roberto Nieto Cobas.

Avogada: María Belén Santamaría Domínguez.

Demandados: Suso Mallón, S.L. e Fogasa.

Avogados: (…), Fogasa.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Roberto Nieto Cobas presentou demanda de execución fronte a Suso Mallón, S.L. e Fogasa.

Segundo. Ditouse auto en que se despachaba execución en data 11 de maio de 2016 por un total de 3.031,58 euros en concepto de principal (2.119,62 euros en concepto de salarios, 711,96 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 200 euros en concepto de honorarios da letrada demandante impostos pola sentenza de instancia), máis outros 303,15 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Roberto Nieto Cobas.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se teren coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Suso Mallón, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 3.031,58 euros en concepto de principal (2.119,62 euros en concepto de salarios, 711,96 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 200 euros en concepto de honorarios da letrada demdante impostos pola sentenza de instancia), máis outros 303,15 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a cal se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Suso Mallón, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza