Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37693

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3594/2013).

Secretaria: Sra. Barrio Calle

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3594/2013

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 840/2012. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Alejandro Yáñez Ceregido

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorrido: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3594/2013-RJ desta sala, seguido por instancia de Alejandro Yáñez Ceregido contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre incapacidade permanente, a Sala Cuarta do Tribunal Supremo ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo: por todo o exposto, en nome do Rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu estimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por Securitas Seguridad España, S.A. contra a Sentenza ditada o 19 de xuño de 2014 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de suplicación 3594/2012. Casamos e anulamos a sentenza impugnada e, resolvendo o debate suscitado en suplicación, estimamos o recurso da dita clase e revogamos en parte a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, autos número 951/2009, no único sentido de absolver a empresa recorrente das pretensións exercidas na súa contra na demanda de reclamación de cantidade formulada por José María Pampín Muñiz e mantemos os restantes pronunciamentos da resolución no que se refire á codemandada Viproga, S.A. Sen custas. Reintégrenselle á recorrente os depósitos e consignacións constituídas para interpor recurso. Devólvanse as actuacións ao órgano xurisprudencial de procedencia, coa certificación e continuación desta resolución. Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza