Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de agosto de 2016, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as propostas de resolución do expediente sancionador OU-S-8/2016 e dous máis, por infraccións en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as propostas de resolución do expediente sancionador nº OU-S-8/2016 e dous máis, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

As interesadas poderán recoller as propostas de resolución, así como acceder aos correspondentes expedientes, mediante comparecencia nas dependencias desta área provincial sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra estas propostas de resolución poderán, no prazo de quince (15) días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e as informacións que xulguen conveniente, ante o instrutor do procedemento.

Ourense, 9 de agosto de 2016

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-8/2016.

Titular sancionada: Adega da Ponte, S.L.

Establecemento: A Adega.

Domicilio: avenida das Caldas, 11.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 13 de xuño de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 100 euros.

Expediente: OU-S-9/2016.

Titular sancionada: Adega da Ponte, S.L.

Establecemento: A Adega.

Domicilio: avenida das Caldas, 11.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 13 de xuño de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 100 euros.

Expediente: OU-S-30/2016.

Titular sancionada: Tania Iglesias Villar.

Establecemento: O Curruncho do Toño.

Domicilio: Triunfo, 5.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 6 de xullo de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 600 euros.