Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de agosto de 2016, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador OU-S-35/2015 e un máis, por infraccións leves en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícanselles ás persoas que no anexo se relacionan as resolucións do expediente sancionador OU-S-35/2015 e un máis, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo; rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Todo isto, sen prexuízo de que as interesadas poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentaren recurso no devandito prazo, as sancións devirán firmes e deberán aboar os importes das multas nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 9 de agosto de 2016

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-35/2015.

Titular sancionada: Night Ourense, S.L.

Establecemento: Night Ourense.

Domicilio: Cabeza de Manzaneda, 6.

Localidade: Ourense.

Resolución: 12 de maio de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) e 109.2.e) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos (400) euros.

Expediente: OU-S-58/2015.

Titular sancionada: Tena Campo Dorado, S.L.

Establecemento: Telepizza.

Domicilio: Paseo Malecón, 16.

Localidade: O Barco de Valdeorras.

Resolución: 10 de maio de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.3) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos (400) euros.