Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (673/2014).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 673/2014

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Narciso Tourís Otero

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandada: Talleres J y M Fernández, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 673/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Narciso Tourís Otero contra Talleres J y M Fernández, S.L. e outros, se ditou auto de desistencia con data do 26 de xullo de 2016 cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Parte dispositiva:

Dispoño ter por desistido a Narciso Tourís Otero da demanda íntegra presentada contra José Luis Fernández Rodríguez, Marcelino Fernández Rodríguez, Asesoría Global Automoción, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Compostela Concesionario, S.L., Compostela Automotriz, S.L. e Patrimonial Feranpe, S.L., así como unicamente das accións de despedimento e resolución contractual en relación coas restantes codemandadas Talleres J y M Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L., e continuar respecto destas últimas unicamente en canto á acción de reclamación de cantidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O xuíz. A letrada da Administración de xustiza.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Talleres J y M Fernández, Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L. e Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza