Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37266

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2016 pola que se aproba o censo definitivo de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

Antecedentes:

1. O día 7.12.2007 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de novembro de 2007 pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, modificada pola Orde do 26 de febreiro de 2009.

2. O día 21.4.2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11.4.2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se abría o prazo de presentación de solicitudes (un mes dende a publicación no DOG) para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

3. O día 30.6.2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17.6.2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproba o censo provisional de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos. Esta resolución establecía un prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, para presentar cantas alegacións se considerasen oportunas.

4. Dentro do antedito prazo, o día 14.7.2016, a persoa armadora da embarcación Virgen Blanca (3ª-CO-2-3734) presenta, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, un escrito en que solicita a baixa no censo provisional da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Decreto 87/2007, do 12 de abril, modificado polo Decreto 241/2008, do 2 de outubro, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, establece no seu artigo 7 as condicións de acceso á reserva e determina que será preciso que as embarcacións estean inscritas nun censo específico para poder realizar as actividades descritas no seu artigo 5.

2. A Resolución do 11.4.2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, abriu o prazo de presentación de solicitudes (un mes desde a publicación no DOG) para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, e establecía os requisitos que debían cumprir as embarcacións que solicitasen a súa inscrición no censo.

Asemade, establece as condicións que deberán cumprir as embarcacións para desenvolver a actividade pesqueira na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos:

a) Permitir a instalación dun sistema de localización conectado ás baterías principais e de reserva da embarcación, o que impide o seu apagado mentres a embarcación estea operativa (art. 7.3 da Orde do 27 de novembro de 2007, modificada pola Orde do 26 de febreiro de 2009: «Para facilitar os labores de seguimento e control da actividade pesqueira e/ou marisqueira, os armadores das embarcacións inscritas no censo deberán permitir a instalación de dispositivos de identificación»).

b) Comunicar telefonicamente ou por radio VHF a entrada e saída na Remip-Os Miñarzos (artigo 7.1 da Orde do 27 de novembro de 2007: «Todos aqueles que efectúen a actividade pesqueira e/ou marisqueira no ámbito da reserva mariña deben comunicarlle ao persoal asignado á xestión, seguimento e control da reserva a súa entrada na zona da reserva mariña, identificarse convenientemente e notificarlle as capturas no momento de acceder á reserva. Así mesmo, deben notificar a súa saída, o número de artes caladas ou empregadas e as capturas realizadas na zona da reserva. Estas comunicacións deben efectuarse de maneira que lle permitan ao órgano de xestión, seguimento e control realizar a comprobación dos datos transmitidos»).

c) Comunicación das capturas. Esta información será enviada semanalmente á persoa responsable do seguimento científico a través de estadillos específicos. A información será tratada de xeito confidencial e poderá ser utilizada exclusivamente con fins científicos e de xestión.

3. O día 30.6.2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17.6.2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproba o censo provisional de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos. Dentro do prazo establecido para presentar alegacións, a persoa armadora da embarcación Virgen Blanca (3ª-CO-2-3734) solicita a baixa no censo provisional da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos.

4. A Orde do 27 de novembro de 2007 pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos, modificada pola Orde do 26 de febreiro de 2009, define no seu artigo 3 o procedemento para a elaboración do censo de embarcacións autorizadas. O censo definitivo será aprobado por resolución da persoa titular da Consellería do Mar, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Estimar a solicitude de baixa do censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos presentada pola persoa armadora da embarcación Virgen Blanca (3ª-CO-2-3734) dentro do prazo establecido para presentar alegacións contra a Resolución do 17.6.2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Segundo. Aprobar o censo definitivo de embarcacións autorizadas para faenar na reserva mariña de interese pesqueiro, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, ante a conselleira do Mar, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO
Censo definitivo de embarcacións autorizadas para faenar na reserva mariña de interese pesqueiro

Nome

Matrícula

Porto base

1

Ahí Va

3ª-CO-5-1246

Fisterra

2

Ana

3ª-VILL-3-991

Fisterra

3

Ana Sara

3ª-FE-3-1-05

Corcubión

4

Aquila Primero

3ª-VILL-5-2-99

Fisterra

5

Axexo Primero

3ª-CO-7-8-92

Noia

6

Ayenka

3ª-CO-4-1368

Corcubión

7

Bajeriñas de Nylon

3ª-CO-4-4-05

Lira

8

Benigno

3ª-CO-5-1931

Lira

9

Bismarck Un

3ª-CO-7-3-03

Noia

10

Brinca

3ª-VILL-3-9439

Fisterra

11

Calima

3ª-CO-7-3-12

Noia

12

Carmen

3ª-VILL-1-3403

Fisterra

13

Chopas

3ª-CO-6-2-04

Muros

14

Cuatro Hermanos

3ª-CO-4-318

Lira

15

Dichoso

3ª-CO-6-2-97

Lira

16

Dosil

3ª-CO-5-1910

Lira

17

Eva

3ª-VI-4-5539

Lira

18

Fernando

3ª-CO-4-1088

Fisterra

19

Illa Lobeira

3ª-CO-5-1-95

Corcubión

20

Javi

3ª-CO-5-2029

Corcubión

21

Juan Manuel

3ª-CO-6-2197

Lira

22

Juana del Mar

3ª-CO-6-3-97

Muros

23

Limanda

3ª-CO-7-7-98

Noia

24

Los Pepes Uno

3ª-CO-6-1-04

Lira

25

Madre Amelia

3ª-CO-5-4-98

Muros

26

Madre Antonia

3ª-FE-3-1909

Muros

27

Mar-Iván

3ª-FE-3-2-91

Muros

28

Maresco Tres

3ª-FE-4-4-08

A Guarda

29

Mari Nieves

3ª-CO-5-2-95

Lira

30

María Jesús

3ª-CO-4-1493

Fisterra

31

María Rosa Dos

3ª CO-6-3-94

Muros

32

Mariñeiro Dos

3ª-CO-5-4-91

Fisterra

33

Milena

3ª-CO-7-3182

Porto do Son

34

Milláns

3ª-CO-7-311

Porto do Son

35

Mondelo Dos

3ª-CO-6-1-94

Muros

36

Naroa

3ª-CO-3-4-05

O Pindo

37

Noeta Primero

3ª-CO-5-3-01

Corcubión

38

Nueva Giralda

3ª-CO-4-5-04

Camelle

39

Nueva Pilar

3ª-CO-6-1-91

Lira

40

Nuevo Jormar

3ª-CO-7-4-08

Noia

41

Nuevo Montecristo

3ª-CO-6-2-00

Muros

42

Nuevo Verte

3ª-CO-7-2-00

Noia

43

O Arao

3ª-CO-7-2-14

Porto do Son

44

O Cuacho

3ª-CO-6-1-05

Lira

45

O Furadiño

3ª-CO-5-1-13

Corcubión

46

O Mariñeiro

3ª-CO-6-2-91

Lira

47

O Mariñeiro Dous

3ª-CO-6-2-99

Muros

48

O Mario

3ª-VILL-4-2-00

Fisterra

49

O Seixo

3ª-CO-6-2-09

Lira

50

Odala

3ª-CO-6-6-05

Fisterra

51

Outeiro

3ª-CO-5-2-98

Fisterra

52

P.A.

3ª-VILL-3-9723

Lira

53

Pedras de Area

3ª-CO-5-2-96

Lira

54

Pepita Consuelo

3ª-CO-4-617

Lira

55

Porto Alegre

3ª-CO-7-3515

Lira

56

Praia do Rostro

3ª-CO-2-11-05

Fisterra

57

Punta Caldebarcos

3ª-CO-6-1-99

Muros

58

Punta dos Remedios

3ª-CO-6-7-05

Lira

59

Reflector

3ª-CO-7-4-96

Fisterra

60

Ronsel Tres

3ª-CO-3-2-06

Lira

61

Salseiro

3ª-CO-5-1997

Fisterra

62

Segundo Brisa

3ª-CO-5-1-11

Corcubión

63

Segundo San Martín

3ª-VILL-3-9184

Lira

64

Segundo Víctor

3ª-VILL-3-6-97

Fisterra

65

Sonai

3ª-VI-3-8-95

Lira

66

Soutelo

3ª-VI-4-7-01

Fisterra

67

Tadima

3ª-VILL-3-2-06

O Pindo

68

Talieira

3ª-CO-5-1970

Fisterra

69

Temerario

3ª-CO-5-8-91

Fisterra

70

Tiburón Dous

3ª-CO-5-3-05

Corcubión

71

Tina

3ª-CO-5-1867

Fisterra

72

Tres Gritos

3ª-CO-5-1926

Lira

73

Tres Hermanas

3ª-CO-4-872

Lira

74

Tres Hermanos

3ª-CO-4-983

Fisterra

75

Tsunami

3ª-CO-7-4-07

Noia

76

Viento y Calma

3ª-CO-5-4-92

Fisterra

77

Virxen das Areas

3ª-CO-5-4-00

Fisterra

78

Vista

3ª-VILL-3-2-99

Noia

79

Ximpron

3ª-CO-5-3-98

Corcubión

80

Aquiles Número Dos

3ª-CO-6-1-13

Muros

81

Mañón

3ª-CO-5-5-00

O Pindo

82

Tres Hermanos

3ª-CO-6-2095

Lira

83

Viber

3ª-CO-6-1-15

Lira

84

Virxe do Carme

3ª-CO-5-1-96

Lira

85

Tricha

3ª-VILL-2-4866

Fisterra

86

Chori

3ª-VI-6-1-04

Fisterra

87

Isaura Dos

3ª-CO-5-2-07

Fisterra

88

Rixote

3ª-VILL-3--3-00

Fisterra

89

María

3ª-CO-6-2222

Noia