Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37272

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 1 de agosto de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciado pola Orde do 13 de xuño de 2016.

Mediante a Orde do 13 de xuño de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 1 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

DISPOÑO:

Primeiro

Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 13 de xuño de 2016 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo

O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

Terceiro

A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Apelidos e nome: López Gómez, Jesús Ángel.

NRP: 3424377235 A2071.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: asesor/a xurídico/a.

Código do posto: PX.101.00.004.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Asesoría Xurídica, Secretaría Xeral da Presidencia.

Localidade: Santiago de Compostela.