Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37274

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (182/2015).

María Patiño Junquera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario número 182/2015 seguido por instancia de María Sagrario Marante Jiménez fronte a Federico Jiménez Méndez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Decido que debo estimar e estimo substancialmente a demanda formulada pola representación procesual de María Sagrario Marante Jiménez contra Federico Jiménez Méndez e declaro que María Sagrario Marante Jiménez é propietaria do terreo sito na parroquia de San Martiño de Orto, destinada a labradío, no sitio que chaman Agra da Fraga, mide seis áreas e sesenta e seis centiáreas igual a ferrado e medio, está amolloada polo norte, sur e oeste e pechada de muro do lindeiro polo leste. Limita ao norte, con labradío de Carmen Longueira; sur, monte de Cristo Rey; leste, labradío de Emilio Fraguío, e oeste de Francisco Dans, e todo iso con imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que non producirá efectos suspensivos, e que se preparará ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución, coa obriga de consignar na CDC deste xulgado, ao tempo de preparalo, 50 euros en concepto de depósito baixo apercibimento de que se non se constitúe se admitirá a trámite o recurso (disposición adicional décimo quinta da LOPX).

Así o acordo mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, Federico Jiménez Méndez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 5 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza