Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36871

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1291/2014).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1291/14 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Isabel López Bau contra Michelangelo Cebreiro Melling, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Natalia Isabel López Bau, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Michelangelo Cebreiro Melling, que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 2.020,03 euros, que na parte que posúe carácter salarial (1.559,47 euros) devindicará o xuro moratorio do 10 % e na parte que ten natureza extrasalarial (460,56 euros) devindicará o xuro legal do diñeiro.

Impoño ao demandado as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

As cantidades a cuxo pagamento foi condenado o empresario demandado serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se é o caso, lle afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa, calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g).

E para que sirva de notificación en forma a Michelangelo Cebreiro Melling, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 21 de xullo de 2016

O secretario xudicial