Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36870

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (876/2015).

Marta de la Rubia Almuíña, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Celso Novoa Pérez, Mª Josefa Oliveira Antón fronte a Conspromiñor, S.L., ditouse sentenza o 7 de xullo de 2016, cuxo teor literal é o seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Celso Novoa Pérez e María José Oliveira Antón fronte a Conspromiñor, S.L., condeno a demandada a aboar aos demandantes a suma de 7.799,34 euros, co incremento do xuro legal do diñeiro que se computará desde o 19 de novembro de 2015.

Con expresa condena nas custas do procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª), que se interpoñerá interpoñer directamente neste xulgado o prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Santander.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose a entidade demandada, Conspromiñor, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 13 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza