Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (324/2015).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 324/15 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Purificación López Marzán contra Assislugo, S.L.L. e Serviaxuda Lugo, S.L.U., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por María Purificación López Marzán, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Serviaxuda Lugo, S.L.U., representada por Juan Carlos Pumares Martínez e defendida polo letrado Sr. Méndez Marote, e Assislugo, S.L.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con efectos desde o 10 de marzo de 2015.

– Condeno solidariamente as empresas demandadas a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución opten, comunicándollo a este xulgado (entendéndose que procede a readmisión no suposto de non optar), por unha das dúas posibilidades seguintes:

• A readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 10 de marzo de 2015 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 31,05 euros diarios.

• O aboamento de indemnización por importe de 13.638,71 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Assislugo, S.L.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 21 de xullo de 2016

O secretario xudicial