Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36866

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (635/2016 MCR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 635/2016 MCR

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 478/2015 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Maderas Gómez Orense, S.L.

Avogado: Antonio Moreton Brasa

Procurador: Antonio Pardo Fabeiro

Recorridos: INSS-TGSS, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad Muprespa, Gina Minza Raru

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 635/2016 MCR desta sección, seguido por instancia de Maderas Gómez Orense, S.L. contra INSS-TGSS, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad Muprespa, Gina Minza Raru, sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou resolución cuxa parte dipositiva é do seguinte teor literal:

«1º. Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Maderas Gómez Orense, S.L. fronte á sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ourense do 7 de outubro de 2015, ditada nos autos número 478/2015, seguidos por instancia da Mutua Fraternidad Muprespa e, así mesmo, fronte ao INSS, TXSS, Gina Minzararu. Todo iso confirmando a sentenza de instancia.

2º. Condenamos en custas a parte recorrente. Tales custas comprenderán os honorarios do avogado ou do graduado social colexiado da parte contraria que tivese actuado no recurso en defensa ou en representación técnica da parte, e iso no importe de 601 euros.

3º. Ademais, condénase á perda do importe consignado pola recorrente, ao cal se dará o destino que corresponda cando esta sentenza sexa firme.

4º. E acórdase tamén a perda do depósito necesario para recorrer, o que se realizará tamén cando está sentenza sexa firme.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gina Minza Raru, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza