Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36865

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 1 de agosto de 2016 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I, mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada, para o desenvolvemento do proxecto de investigación denominado: Cara a un sistema de autenticación da orixe do leite de vacún: estudo da relación entre o sistema de alimentación e a presenza de biomarcadores na graxa do leite potencialmente útiles como trazadores da súa procedencia en dietas típicas de Galicia e a Cornixa Cantábrica (referencia RTA2014-00086-C03-03).

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web: http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada para o desenvolvemento do proxecto de investigación denominado: «Cara a un sistema de autenticación da orixe do leite de vacún: estudo da relación entre o sistema de alimentación e a presenza de biomarcadores na graxa do leite potencialmente útiles como trazadores da súa procedencia en dietas típicas de Galicia e a Cornixa Cantábrica» (referencia RTA2014-00086-C03-03).

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria