Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de agosto de 2016 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/321/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 19 de xullo de 2016, ditou resolución pola que se ordena o traslado ao Concello de Ponteareas do expediente PON/321/2014-RP1 en relación coas obras consistentes na construción dunha nave, cuberto, movementos de terra e muros de contención, no lugar de Chan de Espiño, Moreira, parroquia de Cristiñade, no termo municipal de Ponteareas, para que adopte as medidas precisas de protección da legalidade urbanística respecto das obras executadas sen licenza urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Francisco Martínez Pérez, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística