Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de xullo de 2016, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de dilixencias previas LU-73/2016.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprazáse a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da área provincial.

A comparecencia deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do IGVS de Lugo, sita na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 29 de xullo de 2016

A xefa da Área Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 22.7.2014)
José Luis García Arévalo Herrero
Xefe da Unidade Xurídico-Administrativa de Lugo

ANEXO

Expediente: DP LU-73/2016.

Interesado: Juan Alberto Martínez Lagares.

Último enderezo coñecido: Carlos V, 16-1º D, Gijón, Asturias.

Acto de notificación: información sobre expediente de desafiuzamento administrativo.