Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se notifican os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo por servizos sanitarios prestados.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081-5363-20-0001083113 do Banco de Sabadell, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación as interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 27 de xuño de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Simbaña Morales, María Patricia

X05372799E

Fra. 201601745

6.4.2016

262,48

Toala Ruiz Evelyn, Katherine

X07519658S

Fra. 201601832

11.4.2016

361,59

Moraru ---, Elena Georgiana

Y01965610K

Fra. 201602302

6.5.2016

256,87