Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (277/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 277/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nuria Ramos Varela contra Eurográficas Pichel, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 168/2016

DOI despedimento obxectivo individual 277/2016

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 277/16 sendo parte nel, como demandante/s, Nuria Ramos Varela, asistida polo graduado social Sr. Castro Freire, e, como demandado/s, as empresas Eurográficas Pichel, S.L. e Miguel Ángel Lamela Méndez en calidade de administrador concursal, que non comparecen, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento e reclamación de cantidade, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes,

Decisión.

Que estimando a demanda formulada por Nuria Ramos Varela declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 1.680,55 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 26,57 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a fecha do despedimento (4.3.2016) ata a data desta sentenza, máis o importe de 389,55 euros como indemnización por falta de aviso previo e de 367,97 euros como salario debido. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin terán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. É carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “Conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

A letrada da Administración de Xustiza