Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (409/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento despedimento obxectivo individual 409/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio García Couselo contra Nogasa Servicios y Obras, S.A., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimando a demanda formulada por Juan Antonio García Couselo, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa demandada a que, á súa opción, que deberá exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: a) Á readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (4.4.2016) ata que a readmisión teña lugar; b) Ou ben, a aboarlle unha indemnización por importe ascendente, s.e.u.o, a 5.537,40 euros; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ten o carácter de traballador ou habente-causa súa ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non gozo do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “Conta de Depósitos e Consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada JAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nogasa Servizos y Obras, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza