Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (699/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 en substitución do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 698/2013, por instancia de Antonio Fraga Carro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Mármoles Betanzos, S.A. sobre xubilación, nos que recaeu sentenza, con data do 7.7.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Que se desestima a demanda interposta por Antonio Fraga Carro fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Mármoles Betanzos, S.A., absolvendo as citadas entidades e empresas da pretensións fronte a elas dirixidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mármoles Betanzos, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de xullo de 2016

O secretario xudicial